lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasOia, Crecente e Mondariz, sen casos nunha semana

Oia, Crecente e Mondariz, sen casos nunha semana

Mos segue na incidencia superior aos 250 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días.

Segundo a última actualización de Sanidade, Mos continúa na incidencia superior aos 250 contaxios por 100.000 habitantes con 50 positivos en 7 días, catro máis que onte. Amáis, conta con 91 casos en dúas semanas, 12 máis que na anterior xornada. Pola contra, o virus deixou de circular nos concellos de Oia, Crecente e Mondariz e a incidencia baixa en Tomiño, Nigrán e Salvaterra de Miño mentres aumenta en Redondela e no Rosal.

Os concellos de Oia, Crecente e Mondariz únense, nesta última actualización de Sanidade, ao da Cañiza, Covelo e a Guarda como os municipios nos que o virus deixou de circular en 7 días. Con todo, os seis manteñen casos coa perspectiva de dúas semanas polo que aínda non é posible incluílos na listaxe das localidades libres de COVID-19 como si o está Modariz-Balenario.

Pola súa banda, a presenza do virus aumenta en Redondela e no Rosal. No primeiro deles son 11 contaxios nunha semana logo de que o concello non superara o abano dos 1-9 positivos e no do Baixo Miño volven os casos en COVID-19. Deste xeito, Redondela sitúase agora na mesma incidencia que a maioría dos municipios das comarcas, entre 25 e 75 por 100.000 habitantes e O Rosal, na segunda máis baixa con menos de 25 por 100.000.

Mos continúa na incidencia considerada de risco polo SERGAS posto que supera os 250 positivos por 100.000 habitantes. Suma catro casos con respecto á anterior actualización de Sanidade e sitúase con 50 contaxios nunha semana e sobe ata os 91 en dúas semanas, 12 maís.

Nigrán e Salvaterra de Miño descenden ata á segunda incidencia máis baixa ao non superar os 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Na mesma na que continúa Salceda de Caselas e Tui.

Baixa a presenza da COVID-19 en Tomiño con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Os mesmos datos epidemiolóxicos que mantén o municipio de Baiona.

As demais localidades manteñen a súa situación epidemiolóxica con respecto a onte. Vigo, Soutomaior, Fornelos de Montes, Arbo, O Porriño, Gondomar e Pazos de Borbén continúan entre os 25 e 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. O único concello que supera os 9 casos é a cidade olívica resta 20 contaxios con respecto a onte ata os 143.

Con máis de 75 casos por 100.000 habitantes seguen As Neves e Ponteareas. É a vila do Corpus a que supera os 9 casos con 19 nunha semana, un menos que onte.

O subcomité clínico que asesora á Xunta na pandemia vén de reunrise este venres e decidiu non incluír ningún cambio nas restricións dos concellos. Rexerán ata o martes as que se anunciaron no día 25 de maio. Nas comarcas, o nivel máximo en Mos e o medio en Ponteareas.

 

 

 

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS