A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, explica tamén que negociará novas axudas para a hostalería co sector esta semana.
Nidia Arévalo, a rexedora de Mos, explica nos informativos locais e comarcais de Si Radio que o nivel máximo de restricións supón un «pau e un paso cara atrás» para o municipio. Sobre todo para o sector da hostalería posto que a partir do 29 de maio terán que pechar os locais. Neste senso, a alcaldesa explicou que negociará esta mesma semana co sector novas axudas.
Este mércores están convocados ao redor de 5.000 veciños e veciñas do concello nun cribado masivo co fin de detectar persoas asintomáticas con COVID-19. A rexedora anima a que as persoas que foron convocadas polo SERGAS acudan e frear, así, o avance do virus para» saír desta canto antes».
Podes escoitar a entrevista completa, aquí: