Os encontros en Galicia poderán ser de ata 10 persoas en exterior e ata 6 persoas en interiores a partir deste sábado, 29 de maio. A Xunta tamén amplía do 50 ao 75% o aforo máximo en comercio, congresos, reunións profesionais, culturais e académicas.
O presidente da Xunta:
Reunións de dez persoas non conviventes no exterior e dun máximo de seis en interiores, tanto na hostalería como nos domicilios, e nunca entre a 1.00 e as 6.00 horas. É o principal avance da nova fase de desescalada en Galicia que anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Aplicarase esta medida de relaxación a partir do sábado, 29 de maio.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aceptou esta proposta porque «entende que é proporcionada e garante a saúde pública».
O aforo medra ao 75% pero o criterio que debe prevalecer é ante todo o da distancia de seguridade de 1,5 metros. Aplicarase a ampliación en todos os concellos galegos salvo nos que se atopan en nivel máximo ou alto de restricións.
Nas residencias de persoas maiores os usuarios poderán saír todos os días da semana, en lugar de 5 como ata agora, un máximo de 4 horas por día.