domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasA incidencia baixa en Salceda de Caselas e nas Neves

A incidencia baixa en Salceda de Caselas e nas Neves

Mos, pola súa banda, continúa como o concello que rexistra a incidencia máis alta das comarcas con 61 contaxios en 7 días.

Segundo a última actualización de Sanidade, a incidencia da COVID-19 descende nos municipios de Salceda de Caselas e das Neves. O concello da Louriña sitúase agora na segunda máis baixa que contempla o SERGAS e o do Condado presenta, arestora, a mesma que a maioría das localidades da bisbarra ao rexistrar entre 25 e 75 casos por 100.000 habitantes en 7 días. Pola súa banda, segue o aumento de positivos en Mos con sete máis que onte.

Así, Mos continúa na zona considerada de risco polo SERGAS ao superar os 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana con 61 contaxios, sete máis que na anterior actualización. De feito, o Comité Clínico decidiu na xuntanza deste martes elevar as restricións no municipio ata as do nivel máximo.

Pola súa banda, a presenza do virus baixa en Salceda de Caselas, que se sitúa agora na segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Descende tamén nas Neves ata a mesma que a maioría dos concellos das comarcas, entre 25 e 75 por 100.000 habitantes en 7 días, logo de que se situara nunha superior aos 75 por 100.000 dende a actualización do 19 de maio. Ningún deles superan o abano dos 1-9 contaxios.

Ponteareas e Crecente manteñen a incidencia entre os 75 e 125 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. A vila do Corpus con 20 contaxios en 7 días, igual que onte. O Comité tamén decidiu aumentar as restricións en Ponteareas coas do nivel medio.

Manteñen a situación epidemiolóxica, entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana, O Rosal, Oia, Vigo, Pazos de Borbén, Mondariz, Covelo, Arbo, Salvaterra de Miño, O Porriño, Gondomar e Fornelos de Montes. A esta mesma incidencia sobe Nigrán nesta última actualización. Son dous os concellos que superan o abano dos 1-9 positivos, O Porriño con 10 e Vigo con 179.

Tomiño, Redondela, Soutomaior, A Cañiza e Tui seguen con menos de 25 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días. Na Guarda o virus deixou de circular entre a veciñanza durante unha semana e Baiona presenta a incidencia máis baixa con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes.

Así todo, a Área Sanitaria de Vigo rexistra 760 casos activos en COVID-19. Isto é, 16 menos que onte. En canto á presión hospitalaria, son 27 en camas convencionais, tres menos que na anterior xornada e 9 nas UCI, un máis que onte.

Segue sendo a área con máis casos activos do conxunto de Galicia.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS