Os veciños poderán asistir, dende este mércores, pero terán que solicitalo previamente a través dunha aplicación informática
Co bo avance da pandemia, o Concello do Porriño retoma os plenos presenciais con público mañá mércores. Celebrase a sesión ordinaria correspondente ao mes de maio, a partir das 18.00 horas, e para aquelas persoas que desexen asistir deberán seguir unha serie de instrucións para inscribirse.
Por mor das limitacións na capacidade dos espazos, no salón de plenos tan só se permitirán 10 persoas como público. As interesadas en acudir deberán rexistrar a súa petición a través da aplicación informática “BandoMóvil O Porriño Informa”. As butacas dispoñibles asignaranse por estrito orde de chegada e ata esgotar a cota.
No caso de non ter a aplicación, pódese descargar en «Google Play» ou na «App Store». E tamén é posible comunicar a través do email, dende a web https://www.bandomovil.com/porrino
Emisión a través da Internet
Con todo, a sesión plenaria continuará sendo retransmitido en directo a través da sección mediateca da páxina web do Concello.
http://mediateca-oporrino.seneca.tv/live