Sanidade detectou na última xornada 90 novos positivos de coronavirus, a cifra diaria máis baixa desde o 10 de agosto. Os casos activos atópanse actualmente en 2.553, tras unha baixada onte de 71 casos.
Por áreas sanitarias, a de Vigo continúa á cabeza, aínda que con tendencia á baixa:
Vigo: 776 (-29)
A Coruña: 487 (-33)
Santiago: 457 (+4)
Pontevedra: 325 (-8)
Lugo: 228 (+1)
Ourense: 197 (-6)
Ferrol: 83 (=)
Nos hospitais baixan as hospitalizacións de maneira case imperceptible. Hai 140 persoas hospitalizadas por mor da COVID-19: 109 en planta (-3) e 31 nas UCI (-1).
O pasamento dunha muller de 92 na Coruña elevou onte a cifra de falecidos por covid-19 en Galicia a 2.412.