A Garda Civil detívoo por un delito de tráfico de drogas durante un control realizado este domingo na PO-510 en Salceda
Ao proceder a súa identificación e inspección do vehículo os axentes intervíronlle unha bolsa de plástico, onde levaba 157 gramos de heroína, e 2.520 euros en efectivo. No posterior rexistro que se fixo no seu domicilio incautáronlle 6 gramos máis de heroína e unha báscula de precisión.
O home, de 36 anos e con antecedentes polos mesmos feitos, foi detivo como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.
As dilixencias instruídas, xunto co detido entréganse hoxe no Xulgado de Instrución número un do Porriño.
Este tipo de actuacións forman parte do plan operativo de resposta policial ao tráfico e consumo de drogas en zonas, lugares e locais de ocio e diversión, deseñado pola Secretaría de Estado e Seguridade, co fin de reducir a oferta de drogas ao consumidor (especialmente mozos) e erradicar e reducir en todo o posible o seu consumo e tenencia nos establecementos e espazos públicos.