Mesóns, bocaterías e outros establecementos de hostalería que sirvan comidas poderán dar ceas ata a 1 da madrugada a partir de este sábado, 22 de maio. Deste xeito iguálanse aos restaurantes en horario e tamén en esixencias: medidores de CO2 e rexistro de clientes.
Era a petición de gran parte do sector hostaleiro, taperías, bocaterías, mesóns… pedían poder servir ceas ata a 1 da madrugada e non ata as 23.00 horas como ata agora.
O comité clínico deu o visto bo á petición e a Xunta autorízaa coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) a partir de este sábado, 22 de marzo.
Equipáranse en horario e tamén en esixencias. Deben ter medidor de CO2 que garantice unha boa ventilación do interior do local e tamén rexistro de clientes a conservar polo menos 3 meses, para rastrexar aos clientes en caso de que se detectara algún positivo de COVID-19.
Os restaurantes tamén teñen instaurada a cita previa e a reserva de mesa, para dese xeito garantir o aforamento permitido e planificado o distanciamento entre mesas e clientes.