«En situacións concretas e no exterior» poderemos estar sen máscara nunhas semanas. Anunciouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, aínda que deixou claro que dependerá de que siga avanzando a vacinación e rexeita que vaia poder quitarse para correr.
O conselleiro de Sanidade:
No exterior e só nunhas condicións moi concretas que haberá que especificar poderemos estar sen a máscara posta. Anunciouno o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen recoñeceu que é un debate que leva tempo sobre a mesa dos expertos que asesoran á Xunta nesta pandemia e que, de feito, xa avanzara o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a semana pasada.
En ningún caso poderá sacarse cando saiamos a correr ou facer deporte e pasemos suando ao lado doutras persoas. A pretensión é que se poida levar cando esteamos ao aire libre no monte ou en zonas onde non esteamos en contacto con outros grupos de persoas.