lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísGalicia recibirá 730.000 vacinas Pfizer en xuño

Galicia recibirá 730.000 vacinas Pfizer en xuño

En xuño chegarán preto de  730.000 vacinas de Pfizer a Galicia o que permitirá axilizar a vacinación dos galegos e galegas. Até agora Galicia recibiu 1,6 millóns de viarios, polo que a contía que está por chegar posibilita inxectar nun mes case a metade das recibidas no últimos cinco meses.

Pedro Sánchez:

Anunciounoo presidente do Goberno, Pedro Sánchez. España recibirá o próximo mes 13 millóns de doses da vacina de Pfizer. Serán catro millóns máis que este mes. Pasarase dunha entrega semanal de 1,7 millóns de doses a 2,7 millóns. Así o adiantou este xoves o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez.

Feito o reparto por autonomías tendo en conta a poboación no censo de España, a Galicia tócalle unha entrega de 730.000 viarios, o que supón o 5,6% das doses totais.

A porcentaxe para Galicia cambia porque a súa poboación máis maior xa está vacinada. Galicia pediu no reparto que as  autonomías con máis persoas anciáns recibisen máis doses para inmunizar canto antes aos máis maiores. Agora que se empeza a administrar viarios a xente máis nova, baixa a porcentaxe de viarias que tocan a Galicia. Até agora Galicia recibía até un 8,2% dos viarios que ían chegando a España, agora tocaralle o 5,6%.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS