domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA proba de reapertura das discotescas será o 12 de xuño

A proba de reapertura das discotescas será o 12 de xuño

O vindeiro 12 de xuño testarase a reapertura do ocio nocturno en seis establecementos; dúas discotecas e 4 pubs. Aforamento limitado, máscara agás para consumir, distancia de 1,5 metros, rexistro de clientes e medidor do nivel de CO2.

Pactado entre os empresarios do ocio nocturno e a Xunta. A proba piloto da reapertura do ocio nocturno será o 12 de xuño. O aforamento limitarase ao 50% no interior e ao 75% nos espazos ao aire libre; haberá unha separación mínima entre mesas de 1,5 metros; respectarase a distancia social; a máscara será obrigatoria; e os locais pecharán a unha da madrugada. Tamén se medirá o nivel de CO2 e a ventilación dos locais.

O ensaio realizarase en dúas discotecas e catro pubs de concellos que se atopen no nivel baixo de restricións, ademais, estes últimos distribuiranse por provincias. Abrirá un por cada unha. Sobre as discotecas, unha terá unha superficie superior a 1.500 metros cadrados e a outra, inferior.

En todos os locais efectuarase un rigoroso control de acceso e rexistro de asistentes, que só poderán participar no ensaio cunha PCR negativa.

Os establecementos terán que gardar a listaxe cos clientes durante tres meses, para que poidan ser localizados no caso de que se produzan contagios.

Cando será a auténtica reapertura está por decidir. Tras esta proba a reapertura se producirá «cando se dean as circunstancias», segundo a Xunta.

Da reunión entre a Xunta e o sector do ocio nocturno este venres tamén saíu un documento con medidas sanitarias e unha recomendación de boas prácticas a ter en conta para a desescalada da noite, que «será gradual, dinámica e reversible en función da evolución dos contaxios».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS