Xornada de datos positivos. Galicia está por debaixo dos 3.000 positivos (2.954) tras unha baixada nos novos positivos diarios (145). Descenderon en casos todas as áreas sanitarias, das que segue á cabeza a viguesa.
A área de Vigo é a que rexistra máis contaxios de COVID-19 con case 200 máis que a da Coruña:
Vigo: 859 (-29)
A Coruña: 670 (-32)
Pontevedra: 474 (-10)
Santiago: 422 (-7)
Ourense: 225 (-6)
Lugo: 204 (-12)
Ferrol: 99 (-2)
Nos hospitais, lixeira melloría no número de diagnosticados COVID ingresados. Hai en total 188 persoas hospitalizadas: 148 en planta e 40 nas UCI.
En canto ao número de falecidos as víctimas mortais da pandemia ascenden en Galicia a 2.397, tras dúas mortes notificadas polo Sergas na última xornada: Un home de 75 anos ingresado en Vigo que falecera xa o 30 de abril e unha muller de 90 anos que faleceu tamén nun hospital vigués este martes.