domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAs praias de A Guarda conservan as súas bandeiras azuis

As praias de A Guarda conservan as súas bandeiras azuis

Un ano máis as praias de O Muíño e Area Grande, no concello de A Guarda, lucirán o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán, no que se atopan os areais de O Muíño e Area Grande.

Estas praias contan cos servizos esixidos para izar a bandeira azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.

Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS