A comandancia de Pontevedra celebrou esta mañá un simbólico acto institucional para conmemorar o 177 aniversario da súa fundación, o 13 de maio de 1844
A situación pola que estamos atravesando debido á crise sanitaria, limitou a celebración da efeméride doutros anos a un sinxelo acto que tivo lugar nas dependencias da Comandancia coa lectura do decreto fundacional acompañado dunha reducida representación de autoridades civís e militares.
O acto concluíu coa homenaxe aos gardas civís falecidos en acto de servizo, co recordo posto naqueles que o fixeron por mor da COVID-19 e en todas as vítimas desta enfermidade
Vídeo conmemorativo do 177 aniversario da Garda Civil