viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasParadantaUnha investigación estudará o impacto dun meteorito na Cañiza

Unha investigación estudará o impacto dun meteorito na Cañiza

O Concello da Cañiza financiará as probas científicas necesarias para certificar a caída dun meteorito na localidade fai uns 6.000 anos e que teña repercursión mundial. E é que ata agora ningunha caída de meteorito na península, con cráter localizado, foi clasificado oficialmente por falta de conclusións científicas.

O profesor de Bioloxía Evaristo Alfaya falou sobre a investigación realizada ata agora  no programa Expreso de Cercanías, de Gabino Porto, este mércores 12 de maio, en Si Radio de Galicia:


O alcalde da Cañiza, Luís Piña, comprometeuse na súa visita ao Alto de Montouto, a que o Concello financie as probas necesarias para que a caída dun meteorito na Cañiza e o seu consecuente cráter teña recoñecemento mundial.

Piña reuniuse na zona co profesor de bioloxía, Evaristo Alfaya, que leva máis de 16 anos realizando estudos para determinar, a través de numerosas evidencias, que unha roca de proporcións indeterminadas e procedente do espazo chocou contra esa zona xerando un cráter de impacto de máis de cen metros de diámetro.

O de Alfaya foi un traballo de investigación altruísta, contando co apoio do CACTI da Universidade de Vigo. 

O alcalde dixo que o Concello pode ter medios económicos para abordar o proxecto de investigación que falta e contaría, se fose necesario, co apoio doutras institucións.

«Para o Concello da Cañiza é moi importante este achado e eu creo que tamén para o conxunto do Condado-Paradanta, e de confirmarse ao cento por cento, é positivo para Galicia e España pois sería o único cráter polo impacto dun meteorito recoñecido na península» apuntou o alcalde cañicense.

O investigador busca xa unha empresa para traballar cunha broca de perforación que poida realizar a cata dos materiais a uns 4 metros de profundidade.

Ao Alto de Montouto tamén se achegou o xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado-Paradanta, Francisco González, para coñecer os detalles da investigación do profesor Alfaya, até este momento descoñecida. Segundo González de confirmarse o achado, sería moi interesante para a comarca polo que suporía como recurso turístico de interese científico e xeral.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS