viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño supera o reto da reciclaxe e gaña 2.000 euros

Porriño supera o reto da reciclaxe e gaña 2.000 euros

Foi un dos 15 municipios galegos ao que Xunta e Ecoembes lle propuxo o reto de incrementar nun 10% a reciclaxe dos residuos do contedor amarelo. Conseguiuno e logrou un premio de 2.000 euros que doará á asociación Aceesca

Durante os meses de febreiro, marzo e abril os veciños do Porriño conseguiron incrementar un 10% a reciclaxe de latas, briks e envases de plástico respecto ao mesmo período do pasado ano. Esta foi a proposta, a modo de reto que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xunto con Ecoembes lles propuxo a un total de quince municipios galegos estratéxicos.

Porriño uniuse ao reto e para conseguilo leváronse a cabo unha serie de accións de comunicación e actividades coas que se pretendía comprometer á cidadanía na mellora das cifras de reciclado dos residuos depositados no contedor amarelo, como foi, precisamente, a instalación dun colector xigante na Praza do Concello ensinándolle aos veciños como separar correctamente o lixo.

O premio por acadar o obxectivo marcado é unha achega económica de 2.000 euros que os concellos deben doar a unha causa social local e que no caso do Porriño, por acordo do goberno municipal, serán doados a Aceesca, Asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS