Vinte usuarios do Centro Castro Navás da Fundación Menela iniciaron onte en Panxón a súa primeira etapa do proxecto ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos’.
O grupo comezou a súa andaina desde o paseo marítimo de Panxón para chegar a Coruxo e, en outras cinco etapas máis (Vigo, Teis, Redondela e Arcade) agardan alcanzar Pontevedra o 27 de maio. O Concello de Nigrán apoia novamente esta segunda edición mediante unha subvención directa de 4.000 euros.
“Volvemos a sentirnos peregrinos. Facémolo con moita ilusión, con ganas de implicarnos nunha vivencia que cambia a rutina do noso día a día e anima a deixar atrás largos meses de restriccións”, sinalou Luis Eduardo González, usuario do Centro Castro Navás, quen confesou que botarán de menos a moitos compañeiros de diferentes entidades e centros que si os puideron acompañar no 2019 no Camiño de A Guardia a Nigrán e que este ano, por motivos de seguridade sanitaria, non estarán.
“Esperámolos coa mirada posta en 2022”, sinalou en referencia a esa terceira edición, na que está previsto que alcancen Santiago. Igualmente, alumnos do CEIP Humberto Juanes mandáronlles un vídeo de ánimo e o grupo seguirá recibindo apoios ‘virtuais’ ao seu paso por cada municipio.
«Desde o Concello estamos encantados en colaborar con esta iniciativa á que xa nos sumamos no 2019 porque estamos plenamente concienciados coas necesidades especias das persoas con trastorno do espectro autista. Un Camiño accesible cognitivamente é tamén parte do noso programa ‘Un Nigrán para Todos’ no que participa a Fundación Menela, así que estamos moi orgullosos de que Nigrán, na súa variante do Camiño pola costa, sexa o punto de partida nesta edición», incidíu o alcalde, Juan González