A finais de xullo ou comezos de agosto poderemos estar sen máscara ao aire libre segundo a previsión do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo. Será así se continuamos cunha incidencia baixa, se a vacinación avanza como se agarda e se as medidas de desescalada funcionan.
O presidente da Xunta:
A obrigatoriedade de camiñar ou estar con outras persoas coa máscara posta ao aire libre podería rematar este verán, cara finais de xullo ou comezos de agosto, segundo anunciou o presidente galego esta mañá en rolda de prensa. Todo dependerá de como evolucione a pandemia: a incidencia, a sociedade coas medidas de desescalada e a evolución da vacinación.