O Comité Clínico que asesora á Xunta na pandemia vén de aliviar as restricións nos concellos de Salceda de Caselas e de Gondomar.
A partir do 14 de maio, rexerán en Salceda de Caselas e en Gondomar as medidas do nivel medio. Isto implica que a hostalería terá un aforamento do 30% no interior dos locais e do 50% nas terrazas. Neste nivel de restricións continúan Tomiño, Soutomaior e Fornelos de Montes.
Amáis, O Porriño, Nigrán e Tui sitúase agora no nivel máis baixo de restricións xunto coa maioría dos municipios das comarcas. É dicir, o aforamento da hostalería amplíase ata o 75% no exterior e ata o 50% no interior. No caso de Vigo, a cidade non pasará a este mesmo nivel «ata revisar o resultado dos cribados feitos nas últimas horas», segundo informan de Sanidade.
A mobilidade continúa sendo plena entre todos os concellos de Galicia agás en Cambados, Laza e Padrón. Non está permitido nin entrar nin sair destes municipios salvo por causas xustificadas e, ademais, nestes concellos haberá hora de recollida as 23:00 horas.
Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa.
Xunto aos concellos de Tomiño, Soutomaior, Gondomar, Fornelos de Montes e Salceda de Caselas, o comité inclúe no nivel medio a Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra,Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Santiso, Silleda, Toén e Valga.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 14 de maio.