sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO País"A revitalización do Monte do Gozo é un exemplo dun camiño para...

«A revitalización do Monte do Gozo é un exemplo dun camiño para todos»

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vistiou este martes as instalacións do complexo.

Feijóo destaca a revitalización do Monte do Gozo como exemplo do compromiso de ofrecer un camiño para todos, máis accesible, máis sustentble e, sobre todo, un destino seguro.

Durante unha visita ás instalacións deste complexo -inaugurado en 1993 e con máis de medio millón de metros cadrados-, Feijóo lembrou que en 2016 púxose en marcha o plan de revitalización ao que se destinaron 7,7 millóns de euros para, entre outros obxectivos: recuperar a zona residencial, con máis de 1.000 prazas de aloxamento, restauración, sete locais de tendas, unha piscina e zona de ocio; reformar o edificio do cámping e poñer en marcha un centro asistencial e turístico con 50 prazas, xestionado pola Asociación de pais e persoas con trastorno de espectro autista (Aspanaes); e rehabilitar o auditorio, incrementando a súa capacidade en 45.000 persoas.

Así mesmo, destacou a zona onde se atopa o Bosque das Camelias, con exemplares de todo o mundo, e a mellora da contorna con iluminación ornamental e da zona de recepción de peregrinos a cabalo.

Baixo a previsión de poder celebrar no mes de xullo concertos de ata 10.000 persoas sentadas, con distancia de seguridade e controis de acceso, Feijóo aseverou que Galicia é rigorosa no cumprimento dos protocolos, referíndose tamén a posta en marcha de iniciativas como o seguro coronavirus ou o rexistro de viaxeiros para facilitar o rastrexo de contactos. “Por iso somos rigorosos no cumprimento dos protocolos de prevención nas rutas e servizos aos peregrinos; e activamos un seguro coronavirus para cubrir os custos de posibles incidencias sanitarias”, dixo, referíndose tamén ao rexistro de viaxeiros para facilitar o rastrexo de contactos.

“En definitiva, hai un Monte do Gozo revitalizado. Hai unha Catedral reinaugurada. Hai un Pórtico da Gloria co esplendor recuperado. Hai uns Camiños acondicionados para ser percorridos por milleiros de persoas. E hai unha Galicia que quere ser protagonista na súa festa”, aseverou, subliñando que cando se fala dun desexo de conectar coa natureza, con outros pobos, de habitar espazos únicos, de saborear gastronomía excepcional ou de participar da cultura, “nós dicimos Galicia e dicimos Xacobeo seguro”.

O presidente da Xunta concluíu invitando a aproveitar o Xacobeo 21-22 para incidir nese outro xeito de desfrutar da natureza, da paisaxe e da cultura que ofrece a Comunidade galega. 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS