domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsA RaiaSó se pode ir a Portugal por motivos esenciais, alomenos ata o...

Só se pode ir a Portugal por motivos esenciais, alomenos ata o 16 de maio

O Consulado General de España en Lisboa vén de confirmar a Si Radio que só se pode cruzar a fronteira terrestre por motivos xustificados.

Malia que a partir do 9 de maio Galicia non estará pechada perimetralmente, os galegos e as galegas só poderán cruzar as fronteiras terrestres para ir a Portugal por motivos esenciais polo menos ata ás 23:59 do 16 de maio. Así o confirma o Consulado General de España en Lisboa aos informativos de Si Radio de Galicia.

Só é posible viaxar dende España ata Portugal, tanto por vía aérea como terrestre, si é por motivos esenciais, que deberán ser xustificados mediante documentos. O país luso entende por motivos esenciais os profesionais, de estudos, de reunión familiar e por razóns de saúde o humanitarias. Así, non está permitido cruzar a raia para facer compras, tomar un café ou pasear.

No caso das viaxes por vía área, Portugal esixe unha PCR, non así para aqueles que se realicen polas estradas.

Estas normas rexerán en Portugal, cando menos, ata ás 23:59 do día 16 de maio. É dicir, ata unha semana despois de que se levante o peche perimetral da comunidade galega. Descoñécese, arestora, cales serán as medidas a partir desta data.

Podes consultar aquí todas as normas para viaxar entre España e Portugal.

 frontera portugal 1

Foi a finais do mes de abril cando o primeiro ministro portugués, Antonio Costa, anunciou que o país abriría as fronteiras. Así é dende o 1 de maio, unha medida que alivia, sobre todo, aos traballadores e ás traballadoras da raia que ata ese momento só tiñan dispoñible o paso de Tui ás 24 horas do día.

Agora están operativos todos os pasos que permiten acurdir ás persoas ao seu posto de traballo mais Portugal esixe motivos esenciais, como os laborais, para cruzar a fronteira.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS