sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísOs positivos COVID e os ingresos en UCI baixan en Galicia

Os positivos COVID e os ingresos en UCI baixan en Galicia

A piques de comezar a primeira fin de semana sen estado de alarma logo de moitos meses en vigor, Galicia baixou os seus positivos acumulados e tamén os diagnosticados diarios, así como os ingresos en UCI.

Situación epidemiolóxica estable en Galicia con 3.064 galegas e galegos contaxiados (-8). Na última xornada foron 194 os novos positivos COVID diagnosticados, unha cifra que volve estar por debaixo dos douscentos.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 877 (-20)

A Coruña: 705 (+3)

Pontevedra: 492 (+4)

Santiago: 408 (+13)

Ourense: 272 (+1)

Lugo: 223 (-3)

Ferrol: 87 (-6)

 

Baixas na UCI

Nos hospitais a cifra de ingresados non varía, 197, pero si cambia a súa distribución: 45 están nas UCI (-3) e 152 en planta (+3). Galicia ten os mesmos infectados de COVID en UCI que fai dúas semanas.

Na última xornada finou un home por coronavirus o que eleva o número total de falecidos en Galicia a 2.393 desde o inicio da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS