O Porriño presenta agora a mesma incidencia que a maioría dos concellos da bisbarra: entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana.
Segundo a última actualización de Sanidade, a incidencia da COVID-19 baixa no municipio do Porriño a 7 días. Sitúase agora coa maioría dos concellos das comarcas ao rexistrar entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes. Esta localidade da Louriña superaba os 75 por 100.000 dende finais do mes de abril. Aumentan os contaxios en Redondela, pero segue fóra da zona considerada de risco polo SERGAS.
O Porriño presenta, arestora, a mesma presenza do virus entre a súa veciñanza que a maioría dos concellos das comarcas: entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Son 14 positivos novos en 7 días, dous menos que na xornada anterior. Sitúase, así, fóra da zona de risco.
Mentres, os contaxios aumentan en Redondela ata os 10 logo de que o municipio se situara nunha das incidencias máis baixas co abano dos 1-9 casos nunha semana. Con todo, sitúase igual que O Porriño na incidencia entre os 25 e os 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana.
Fornelos de Montes continúa como a localidade que presenta a maior incidencia superando os 250 casos por 100.000 habitantes nunha semana con non máis de 9 positivos. Séguelle Tomiño ao rexistrar entre 125 e 250 por 100.000 en 7 días. No municipio do Baixo Miño son 17 contaxios, un menos que onte.
Soutomaior sitúase entre os 75 e os 125 casos por 100.000 habitantes nunha semana, igual que na anterior actualización do SERGAS e segue sen superar os 9 contaxios nunha semana.
Manteñen a súa situación epidemiolóxica entre os 25 e os 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana, Gondomar, Tui, Vigo, As Neves, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén, Ponteareas e Mos. Deles, só superan o abano dos 1-9 positivos, a cidade olívica con 173, 19 menos que onte e mos con 10.
A Guarda, Baiona e Nigrán continúan nunha das incidencias máis baixas ao non superar os 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. O virus deixou de circular entre os veciños e as veciñas do Rosal durante 7 días pero mantense casos a 14 días polo que aínda non é posible incluilo na listaxe dos municipios libres de COVID-19 como si o están Oia, Arbo, O Covelo, A Cañiza, Crecente, Arbo, Mondariz e Mondariz-Balneario.
20 casos activos menos
Na Área Sanitaria de Vigo son 20 contaxios menos que onte segundo o SERGAS. Isto é, 877 casos activos.
Aumenta o número de pacientes en camas convencionais ata os 38, tres máis que na xoranda anterior e mantense o número de persoas que precisan de Unidades de Coidados Intensivos por mor da COVID-19 en 12. Con todo, a Área Sanitaria de Vigo é a que rexistra agora o maior número de pacientes en UCI do conxunto de Galicia. Séguelle a da Coruña con 11.
Tamén é a que máis casos activos rexistra con 877.