domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasTomiño sobe ao nivel medio de restricións

Tomiño sobe ao nivel medio de restricións

O presidente galego, Núñez Feijóo, vén de anunciar que aumentan as restricións nos concellos de Tomiño, Ames e Padrón.

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na pandemia da COVID-19 vén de aumentar as restricións en tres concellos da comunidade, nomeadamaente, Tomiño, Ames e Padrón. Anunciouno este xoves o presdiente galego, Alberto Núñez Feijóo, na conferencia de prensa na que explicou as novas medidas da desescalada que entrarán en vigor o 9 de maio.

Deste xeito,a partir do 9 de maio, os concellos de Tomiño e de Ames soben ao nivel medio de restricións. Isto implica que os aforamentos redúcense na hostalería ata o 30% no interior dos locais e á metade da capacidade nas terrazas.

O municipio de Padrón estará perimetrado posto que rexerán na localidade as medidas do nivel máximo. Así, os veciños e as veciñas si terán hora de recollida, ás 23:00 horas, e están prohibidas as xuntanzas de persoas non conviventes. A hostalería permanece pechada. Con estas limitacións, continúan  Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.

Amáis, en canto aos niveis de restricións dos concellos das comarcas, o Comité decidiu este xoves que Gondomar e Salceda de Caselas continúen coas medidas do nivel alto. Os hostaleiros e as hostaleiras do municipio aínda non poderán atender no interior dos locais e o aforamento mantese á metade da capacidade no exterior.

No nivel medio, ao que se sumará o concello de Tomiño a partir do 9 de maio, seguen os municipios de Fornelos de Montes, Nigrán, O Porrtiño, Tui, Vigo e Soutomaior.

Os demais municipios da bisbarra continúan no nivel máis baixo de restricións. É dicir, cos aforamentos do 50% no interior e ao 75% no exterior.

A mobilidade continúa sendo plena entre todos municipios da comunidade agás nos concellos nos que rexen as medidas do nivel máximo, que son Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro, Laza e, a partir do 9 de maio, Padrón.

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS