sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísO SERGAS detecta un novo caso da variante india en Vigo

O SERGAS detecta un novo caso da variante india en Vigo

O SERGAS vén de confirmar un novo caso de COVID-19 coa variante india na Área Sanitaria de Vigo.

O Servizo de Microbioloxía do Chuvi confirma un novo caso de variante india, a B1.617 subvariante 2, na Área Sanitaria de Vigo, en concreto, na cidade olívica.

Trátase dunha muller de 66 anos que viaxara, recentemente, á India. Polo de agora, a paciente non require ingreso hospitalario e permanece illada no seu domicilio. Amáis, Sanidade ten identificadas a catro persoas como contactos próximos, que están en seguimiento e en cuarentena.

Os tres primeiros casos da variante india da COVID-19

O sábado 1 de maio o SERGAS detectou os tres primeiros casos da variante india da COVID-19 en Galicia ao confirmalos o servizo de Microbioloxía do Chuvi en 5 mostras da tripulación do buque atracado en Vigo con bandeira de Singapur.

Trátase da variante  B1.617 subvariante 2, «que é sensible á vacina», segundo informan dende o SERGAS. Isto quere dicir que as vacinas das que se dispoñen actualmente para facer fronte ao virus son efectivas tamén contra esta variante do coronavirus.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS