domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia elimina o peche perimetral e o toque de queda

Galicia elimina o peche perimetral e o toque de queda

A partir da madrugada do domingo, 9 de maio, Galicia deixará de ter peche perimetral e tamén toque de queda, unicamente pedirá manter ambos para os concellos que estean en nivel máximo de restricións, para entón 5: Laza, Cualedro, Vilanova de Arousa, Cambados e Padrón.

Alberto Núñez Feijóo:

Este domingo calquera cidadán poderá vir a Galicia e as galegas e galegos poderán saír da comunidade sen restricións, salvo as veciñas e veciños dos concellos con restricións máximas por ter máis de 500 casos de COVID-19 por 100.000 habitantes a 14 días.

A partir deste venres serán cinco os concellos que quedarán pechados (salvo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) non avale a restrición imposta pola Xunta): Laza, Cualedro, Vilanova de Arousa, Padrón e Cambados.

O resto de concellos, estean no nivel que estean estarán abertos e a súa veciñanza poderá cruzar a fronteira a Portugal ou saír de Galicia.

A Xunta, asesorada polo comité clínico, tamén elimina o toque de queda agora imposto ás 23.00 horas. Non haberá limitación para circular pola rúa de madrugada pero non estarán permitidas as concentracións de máis de 6 persoas na rúa nin de máis de 4 persoas no interior a partir da 1 da madrugada cando deberán pechar os restaurantes.

O toque de queda elimínase pero a Xunta vai pedir autorización ao TSXG para poder prohibir os encontros en domicilios cando peche a hostalería das persoas non conviventes entre a 1.00 e as 6.00 horas.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS