A ciadade de Vigo acolleu as marchas centrais de Galicia. Tivo lugar un enfrontamento entre un sector do metal e os sindicatos.
Con tres saídas diferentes, as manifestacións centrais para reivindicar os dereitos laborais no día internacional do traballador e trabalaldora tiveron lugar na cidade olívica. Alí, houbo representación de todas as forzas sindicais. CCOO e UXT fixérono de forma conxunta.
En Vigo participaron a líder da oposición en Galicia, a nacionalista Ana Pontón e o lider dos socialsitas, Gonzalo Caballero. Pontón quixo salientar o papel das mulleres e da mocidade nesta crise sanitaria. Nesta liña, Caballero incidiu en que “as mulleres saen das crises máis rezagadas que os homes; os mozos e mozas non albiscan un futuro para o seu porvir; e moitos traballadores, desempregados, autónomos e pemes non chegan a fin de mes».
Amáis, tivo lugar un enfrontamento entre un grupo de traballadores do sector do metal e os diferentes sindicatos, ao cortar o paso das marchas á altura da farola da rúa de Urzáiz, ao berro de «convenio do metal, traizón sindical».
O sindicato CIG cifra en «varios milleiros de persoas as que participaron nas diferentes mobilizaciónsn por toda Galicia».