Hai galegos e galegas que depois de máis de tres meses de ter superado o coronavirus seguen tendo secuelas como dificultade de respiración, cansanzo, perda de peso ou de pelo ou ansiedade. O Sergas envíalles un cuestionario para localizalos e darlles unha cita médica.
O COVID persistente é unha realidade e hai galegos e galegas que o sofren sen que ata agora lles dera unha solución. O Sergas optou por enviarlle un cuestionario aos case 100.000 cidadáns que superaron a enfermidade fai máis de 3 meses para saber se sofren algún dos seus síntomas.
O COVID persistente maniféstase a través da dificultade para respirar, cansanzo, ansiedade ou caída de pelo ou de peso.
Aqueles que respondan que teñen algunha destas secuelas serán citados para unha consulta no centro de saúde.