domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísNova repunta de positivos e de ingresados por COVID en Galicia

Nova repunta de positivos e de ingresados por COVID en Galicia

Galicia acadou a cifra de positivos máis alta dos últimos 10 días. Ten 3.122 infectados arestora, tras subir todas as áreas, agás a coruñesa. Tamén soben os ingresos por coronavirus: 214 hospitalizados; 167 en planta e 47 en UCI.

Os positivos non paran de medrar en Galicia e a curva dos contaxios xa comeza a pasar de estable a ascendente. Galicia ten hoxe 74 infectados máis de coronavirus, con 3.122 contaxiados.

Por áreas sanitarias, a viguesa segue á cabeza:

Vigo: 934 (+28)

A Coruña: 743 (-7)

Pontevedra: 499 (+21)

Santiago: 358 (+11)

Ourense: 264 (+10)

Lugo: 219 (+4)

Ferrol: 105 (+7)

Empeoramento nos hospitais galegos con  214 persoas ingresadas por mor da covid-19 no país: 167 en planta (+4) e 47 nas UCI (+3).

Galicia non rexistraba tantos ingresados en coidados intensivos desde o 22 de marzo.

As mortes tamén seguen aumentando, aínda que en menor medida pola vacinación das persoas maiores. O Sergas notificou o deceso dun home de 81 anos, o que eleva a cifra total de vítimas da pandemia no país a 2.386.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS