Cualedro, Vilanova de Arousa e Carballeda de Valdeorras seguirán pechados perimetralmente a partir deste venres, 30 de abril, pola súa alta incidencia da COVID-19. Serán 16 concellos os que quedarán en nivel alto (hostalería só terraza ao 50%) e serán 27 concellos en nivel medio.
O concelleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:
Aínda que o comité clínico que asesora a Consellería de Sanidade nesta pandemia fala de «estabilidade» da situación epidemiolóxica en Galicia, recoñece tendencia «a alza».
Efectivamente non haberá avances na desescalada esta semana, unicamente cambio de restricións para algúns concellos galegos.
O empeoramento da situación nalgúns concellos perxudicará especialmente a súa hostalería, tendo en conta que este domingo é o Día da Nai, unha festividade na que as celebracións en restaurantes soen aumentar.
Os concellos en nivel alto só poderán atender en terraza, ao 50%, e os concellos en nivel medio, só poderán atender no interior ao 30%, en terraza, igualmente ao 50%.