Case 200 novos positivos detectados na última xornada (196) elevan a 3.048 os infectados de COVID-19 en Galicia. En cambio, mellora a situación nos hospitais, con baixada de ingresados en planta (163) e en UCI (44).
A tendencia á alza dos positivos de coronavirus en Galicia continúa, coin 196 diagnosticados nas últimas 24 horas, elevando a 3.048 os contaxiados, ao producirse subida de casos en todas as áreas, agás na de Ourense e Ferrol que baixan e na de Santiago que se manteñen.
Por áreas sanitarias:
Vigo: 906 (+12)
A Coruña: 750 (+9)
Pontevedra: 478 (+20)
Santiago: 347 (=)
Ourense: 254 (-10)
Lugo: 215 (+11)
Ferrol: 98 (-16)
Os ingresos levan subida nas últimas xornadas pero na última produciuse un descenso que motiva falar de estabilidade. Hai 207 persoas ngresadas: 163 en planta (-11) e 44 nas UCI (-2).
As vítimas da pandemia acadan as 2.385, logo do pasamento dunha muller de 97 anos no CHUVI.