domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoO mercado en Ponteareas trasládase ao venres 30

O mercado en Ponteareas trasládase ao venres 30

O mercado do sábado celebrarase o venres 30 de abril por mor do festivo.

A concellería de Promoción Económica de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, informa que, por mor da festividade do Día Internacional da Clase Traballadora que se conmemora o vindeiro día 1 de maio, o mercado do sábado celebrarase extraordinariamente o venres, día 30 de abril.

Do mesmo xeito, dende o Concello informan que as instalacións do Mercado Municipal permanecerán pechadas o sábado día 1.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS