Sanidade vai probar a testar a todos os contactos dun infectado de COVID-19 nos setes días antes de que comezase a ter síntomas ou de que dera positivo nunha PCR. Ata agora só se rastrexaban os contactos dos dous días previos á detección da enfermidade.
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán:
Desta maneira, Sanidade tratará de detectar a máis positivos para frear máis rápido a cadea de contaxios que se produce ante un novo infectado.
Todas as persoas que estiveron en contacto con unha persoa positiva en coronavirus deberán someterse a unha proba diagnóstica para confirmar ou descartar que se contaxiou.
Tamén serán sometidas a proba as persoas que estiveran en contacto con un positivo aínda que levaran posta a máscara, se o contacto se produciu nunha reunión ou encontro nun lugar pechado.
Iso sí, a Xunta descarta esixir corentena a todas esas persoas, unicamente se lles someterá a unha proba.