Galicia ten 3.015 infectados por coronavirus contabilizados. Superou esta fin de semana a barreira dos tres milleiros. Hoxe hai 1 positivo menos ca onte pero os hospitalizados soben a 214: 169 (+11) en planta e 45 (-1) en UCI.
Estabilidade nos infectados con respecto a onte pero ascenso nas hospitalizacións. O Sergas notifica 3.015 persoas diagnosticadas de covid-19 en Galicia, unha menos ca onte, logo de 159 novos positivos, 141 confirmados a través dunha proba PCR.
Por áreas sanitarias a repartición de casos quedaría así:
Vigo: 878 (+4)
A Coruña: 733 (-5)
Pontevedra: 485 (+4)
Santiago: 341 (-2)
Ourense: 257 (+2)
Lugo: 204 (-2)
Ferrol: 117 (-2)
Hai 10 persoas hospitalizadas máis respecto a onte: 169 en planta (+11) e 45 nas UCI (-1).É a cifra de hospitalizados máis elevada dende o 5 de abril.
Onte o Sergas non comunicou ningún falecemento, polo que a cifra global de vítimas no país do que vai de pandemia é de 2.382 persoas.