domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísGalicia descarta retrasar o peche dos bares ata maio

Galicia descarta retrasar o peche dos bares ata maio

O comité clínico que asesora a Galicia na pandemia non contempla retrasar o horario de peche de cafeterías e bares máis aló das 21.00 horas para igualalo ás 23.00 horas dos restaurantes. A incidencia da pandemia está en ascenso en varios puntos de Galicia e haberá que agardar.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

Os restaurantes que queren pechar ás 23.00 horas deben ter medidores de CO2 pero os bares y cafeterías, aínda que os teñan, terán que seguir pechando ás 21.00 horas.

Polo menos ata maio, non se ampliará o horario de peche dos bares porque a incidencia da COVID-19 está subindo en distintos puntos de Galicia.

A Xunta defende a «prudencia» na desescalada e prefire agardar a que avance máis a vacinación.

Igualmente, o ocio nocturno deberá pasar primeiro por unha proba piloto en maio para poder reabrir, previsiblemente en xuño. Con todo, a súa reapertura pasaría por rexistro de clientes e medidores de CO2, ademais de rigoroso control nos accesos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS