A Garda Civil denunciou a catro mozos como supostos autores dunha infracción contra a Lei de Seguridade Cidadá por deslucimento de bens inmobles ao realizar unha pintada no Porriño.
Os mozos foron sorprendidos in fraganti por unha patrulla da Garda Civil do Porriño o pasado venres, cando estaban realizando un graffiti de considerables dimensións no muro que se atopa debaixo da autovía A-55.
Unha vez identificados, se lles interveu 39 sprais e demais útiles, e foron denunciados por infrinxir a Ley Orgánica 4/2015 sobre Protección da Seguridade Cidadá no seu apartado de deslucimento de bens inmobles na vía pública.
Os presuntos autores da pintada, tres deles veciños de Vigo e con antecedentes por feitos similares, e un de Nigrán, con idades comprendidas entre os 20 e os 24 anos, enfróntanse a unha sanción económica de 600 euros, ademais do pago dos gastos que supón a reposición do inmoble afectado ao seu estado orixinal.