lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísGalicia volve a superar os 3.000 contaxios

Galicia volve a superar os 3.000 contaxios

A Área Sanitaria de Vigo é a que presenta a peor evolución, con 874 casos activos de coronavirus.

A situación epidemiolóxica na comunidade galega retrocede mes e medio e volve a situarse por riba dos 3.000 casos positivos de COVID. En concreto, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe que hai 3.016 casos activos de coronavirus en Galicia. Deles, a Área Sanitaria de Vigo é a que aporta o maior numero de contaxios, 874; seguida de A Coruña, con 738; Pontevedra, con 481; Santiago, con 343; Ourense, con 255; Lugo, con 206, e Ferrol con 119.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 158 en unidades de hospitalización e 2.812 no domicilio.

Vacinación masiva en Vigo

Desde o 11 de marzo Galicia non superaba a barreira do 3.000 contaxios, aínda que o número de pacientes hospitalizados ou na UCI era maior, unha circunstancia que ten a súa resposta na vacinación. Neste senso, cabe salientar que na vacinación masiva que tivo lugar onte no Ifevi de Vigo, recibiron a vacina o 81,43% das 3.000 persoas convocadas; a porcentaxe máis baixa das catro vacinacións realizadas onte en Ourense, Vigo, A Coruña e Santiago. A media de participación foi de 83,61%, polo que recibiron o antídoto contra a COVID 8.203 persoas.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 115.851 persoas curadas, pero hai que lamentar 2.382 falecementos.

Outro dato salientable desta fin de semana é que xa se superaron os dous millón de probas PCR realizadas.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegura que a evolución da pandemia en Galicia segue sendo estable, pero cunha “lixeira tendencia á alza”, polo que non se agarda, polo de agora, unha relaxación nas restriccións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS