Os catro Concellos aumentaron a súa incidencia acumulada a 14 días, pero solo a cidade olívica roza a zona de risco, é dicir, 250 casos positivos por 100.000 habitantes.
A situación espidemiolóxica estabilízase na maioría de Concellos da Área Sanitaria de Vigo, aínda que soben os contaxios en cinco deles. É o caso de Tomiño, Salceda, Nigrán, Vigo e Redondela. Vigo aumentou 11 casos positivos con respeto a onte a 14 días e suma 479, e dicir mantén a incidencia de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. A 7 días a incidencia é menor, pero sobe 18 casos nunha xornada. O resto de concellos que sóben en contaxios están entre os 50 e 150 casos por 100.000 habitantes. Tomiño, onde o Sergas realizou onte un cribado masivo, ten dous contaxios máis (12 en total a 14 días); Nigrán e Redondela suman 1 máis e Salceda pasa dos abano dos 1-9 aos 12 contaxios en 14 días.
Pola contra, baixan os casos positivos en Tui, Baiona e Ponteareas.Tui, que sexitrou unha suba importante nas últimas xornadas, rexistra un contaxio menos que onte a 14 días (24 casos) e mantense estable a 7 días (19 casos).Baiona tamén baixa un caso a 14 días (13) e Ponteareas, onde o Subcomité Clínico determinou o nivel alto de restriccións, rexistránse dous contaxios menos tanto a 7 días (33) coma a 14 días (47). Aínda así, a incidencia acumulada na vila do Corpus roza a zona de risco con 250 casos positivos por 100.000 habitantes.
A mellor situación mosible está en O Rosal, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Fornelos de Montes, onde levan dúas semanas sen contaxios. Na última semana tampouco se rexistraron casos positivos de COVID en Oia, Crecente e A Cañiza, pero sí a 14 días, con entre 1 e 9 casos. Tamén é positiva a evolución de Porriño, que presenta a incidencia máis baixa dos últimos meses, menor a 10 casos por 100.000 habitantes. Aínda así, o Sergas realizará un cribado mañá para coñecer a repercusión dun brote nunha empresa do municipio.
O resto de Concellos teñen unha incidencia de entre 1 e 9 casos, agás Gondomar, que sobe dous contaxios a 7 días (17) pero mantense estable a 14 días (26). De entre todos os Concellos cunha incidencia de entre 1 e 9 casos positivos de coronavirus, a peor situación é a de Arbo, con entre 150 e 250 contaxios por 100.000 habitantes.