martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasSobe a incidencia en Tui e continúa o aumento de contaxios en...

Sobe a incidencia en Tui e continúa o aumento de contaxios en Ponteareas

Tui presenta agora unha incidencia superior aos 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana e Ponteareas suma 5 positivos nun día

Ponteareas rexistra 35 positivos en COVID-19 nunha semana, cinco máis que onte, polo que a súa incidencia supera os 125 casos por 100.000 habitantes nunha semana. Sobe a presión do virus entre a veciñanza de Tui e a de Salvaterra de Miño. No primeiro deles, con 19 casos en 7 días ata contabilizar máis de 75 contaxios por 100.000 habitantes e no segundo, con máis de 10 por 100.000 logo de que na anterior actualización o SERGAS situara a este concello do Condado como un dos da Área Sanitaria de Vigo no que o coronavirus deixara de circular nunha semana. Con todo, non supera os 9 casos.  Mentres, Soutomaior e Salceda de Caselas melloran a situación epidemiolóxica ao contar agora con menos de 25 positivos por 100.000 habitantes.

Segundo a última actualización do SERGAS, Ponteareas e Arbo son os concellos que continúan coa peor incidencia das comarcas ao superar os 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. É a vila do Corpus a que contabiliza máis contaxios con 35 nunha semana, cinco máis que onte, e con 49 en dúas, 6 máis que na xornada anterior. Deste xeito, sitúase preto da zona considerada de risco por Sanidade.

Tui é o municipio que máis aumenta no número de casos con repecto á anterior actualización do SERGAS. Son 9 positivos máis que onte ata rexistrar 19 nunha semana. Con estes datos, a incidencia dispárase ata máis de 75 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días. Nesta mesma situación epidemiolóxica atópanse as localidades de Gondomar, con 15 (+2) casos; Nigrán, con 19 (+3) e Vigo, con 265 (+2).

Pola súa banda, en Soutomaior e en Salceda de Caselas baixa a presión do virus entre a súa veciñanza ao non superar, ningún dos dous concellos, os 25 positivos por 100.000 habitantes. É esta a segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade. Nesta mesma incidencia, atópase agora Salvaterra de Miño logo de que na anterior actualización o SERGAS situara ao municipio entre os que a COVID-19 deixara de circular nunha semana.

Noutra marxe, O Rosal, Fornelos de Montes, O Covelo, Mondariz e Mondariz-Balneario que están libres de COVID-19 tanto a unha semana como a dúas.

Manteñen a súa situación epidemiolóxica con respecto a onte, Tomiño e Mos con menos de 25 contaxios por 100.000 habitantes e O Porriño, Oia, A Cañiza e Crecente con menos de 10 por 100.000. Os tres últimos, sen positivos nunha semana aínda que si en dúas. Tampouco mudan de incidencia A Guarda, Redondela, As Neves e Baiona ao ter menos de 75 casos por 100.000 habitantes.

Máis de 800 casos activos na Área Sanitaria de Vigo

Segundo Sanidade, son 823 casos activos en COVID-19, 34 máis que onte na Área Sanitaria de Vigo. Así, é a área con máis positivos do conxutno de Galicia. Pola contra, descende a presión hospitalaria en catro persoas menos ingresadas en camas convencionais ata as 29 e mantense o número de pacientes na UCI con 8.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS