martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas, preto da zona de risco da COVID-19

Ponteareas, preto da zona de risco da COVID-19

Ponteareas rexistra 30 positivos novos en COVID-19 nunha semana, seis máis que onte, e 43 en dúas.

Segundo a última actualización do SERGAS, Ponteareas presenta, arestora, a incidencia máis alta da bisbarra xunto con Arbo ao rexistrar máis de 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Son 30 positivos, 6 máis que onte e achégase aos 50 en dúas semanas con 43.Nigrán sitúase, segundo a última actualización de Sanidade, na mesma incidencia que Vigo e Gondomar con máis de 75  casos por 100.000 habitantes. A presión do virus aumenta tamén entre a veciñanza da Guarda, Salceda de Caselas, Soutomaior, Redondela e Mos mentres baixa en Salvaterra de Miño e Tomiño.

O cribado que levou a cabo Sanidade en Ponteareas deu como resultado 6 casos diagnosticados, os mesmos nos que aumenta nesta última actualización. Estos datos, xunto cos xa acumulados nas anteriores xornadadas, fan que a incidencia se dispare na vila do Corpus ata máis de 125 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana e achegándose á zona de risco de 250 a dúas semanas. Así, Ponteareas e Arbo presentan a incidencia máis alta da bisbarra.

Nigrán comparte agora incidencia con Gondomar e Vigo ao rexistrar 6 novos positivos ata os 16 nunha semana. A cidade olívica sumou 16 casos máis que onte, ata os 263, mentres que o municipio do Val Miñor rebaixa en dous ata os 13. Así, os tres municipios rexistran entre 75 e 125 contaxios por 100.000 habitantes. Pola súa banda, en Mos aumenta a presión do virus entre os seus veciños e veciñas ata máis de 10 casos por 100.000 habitantes, aínda que é a segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade.

De igual xeito, aumentan os positivos en Salceda de Caselas, Soutomaior, Redondela e na Guarda, que na anterior actualización o SERGAS situárao na listaxe dos municipios libres do virus, ata rexistrar entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana con non máis de 9 casos agás Redondela que conta con 11 positivos entre a súa veciñanza en 7 días.

A boa nova é que Salvaterra de Miño non rexistra ningún positivo en 7 días e que baixa a incidencia no municipio do Tomiño ao non achegarse os 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Pola súa banda son 5 concellos os que se atopan libres do virus: O Rosal, Mondariz, Covelo, Fornelos de Montes e, súmase nesta actualización de Sanidade, Mondariz-Balneario.

Baiona, Tui, As Neves e Pazos de Borbén manteñen a súa situación epidemiolóxica con respecto a onte con entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana ao igual que Oia, Crecente, A Cañiza, sen contaxios nunha semana, e o Porriño, con entre 1 e 9, posto que continúan na incidencia máis baixa.

Máis casos activos máis pacientes ingresados

A Área Sanitaria de Vigo continúa aumentando o número de positivos activos en COVID-19. Segundo o SERGAS, son 29 máis que onte ata os 789. A área lidera o número de contaxios en Galicia. Sobe tamén a presión hospitalaria con dúas persoas máis ingresadas por mor do virus en camas convencionais, ata as 33, e outras dúas na UCI, ata as 8.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS