martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasVal de MiñorBaiona ofrécese para acoller a vacinación masiva do Val Miñor

Baiona ofrécese para acoller a vacinación masiva do Val Miñor

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, fixo chegar ao Sergas a disposición do Concello de colaborar no proceso de vacinación conta a COVID-19 ofrecendo ser sede da vacinación no Val Miñor.

O rexedor fixo esta proposta “vendo que o ritmo de vacinación non é o idóneo e ante as grandes aglomeracións que se veñen producindo no IFEVI”. Por isto, Carlos Gómez pon a disposición da Xunta as instalación municipais pertinentes, así como todos aqueles medios materiais e humanos do Concello que puideran precisar para levar a cabo a vacinación masiva dos habitantes do Val Miñor.

Neste senso, o alcalde recorda que Baiona acolleu o pasado mes de marzo un cribado masivo no Pavillón Municipal de Deportes e que “funcionou de maneira óptima, tanto para o persoal sanitario como para a cidadanía en xeral”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS