Mos presenta percorrido, programación e maillot conmemorativo da etapa mosense da Vuelta 2021.
Herville será meta da Vuelta 21 o vindeiro 4 de setembro logo de ter sido o Pazo de Mos saída de etapa o ano pasado. «algo que non é casualidade se non que é froito do amor e a aposta decidida de Óscar Pereiro polo seu pobo ao que quixo ter en conta ao deseñar unha das etapas máis espectaculares deste ano», segundo dixo a alcaldesa Nidia Arévalo na presentación, que tivo lugar na cidade deportiva Afrouteza do R.C Celta de Vigo.
A rexedora mosense mostrouse orgullosa de que Mos sexa protagonsita na Vuelta 21 e puxo en valor a presenza de mos na Área Metropolitana de Vigo.
O percorrido mosense da etapa 20 da Vuelta 21 incllúe a meta no Castro de Herville, parroquia de Cela. Na etapa, que será a penúltima da competición ciclist, «sairá o campión», segundo dixo Arévalo. Dito percorrido transcorrerá por 7 parroquias mosenses: Louredo, Mos, Torroso, Petelos, Sanguiñeda, Pereiras e Cela; pasando por lugares emblemáticos do Concello como son a Igrexa de San Salvador de Louredo, o Pazo de Mos, o Centro Dotacional de Torroso, o Multiusos das Pozas, o Pavillón Óscar Pereiro, a Capela das Angustias, o Cristo de Belén, Campo de Eiró, a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, a Igrexa de San Miguel de Pereiras, a Igrexa de San Pedro de Cela, o Alto de San Cosme e, por último, o Castro de Herville.
«É unha etapa dura», segundo explica o propio Óscar Pereiro.
Ao acto tamén acudiu a directora de Turismo, Nava Castro, a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen destacou a oportunidade que supón esta competición para dar a coñecer Galicia como destino turístico no exterior, así como puntos das distintas rutas do Camiño de Santiago. Ademais conta Rueda con que a situación epidemiolóxica permita gozar máis da vulta que o ano pasado
Ademais de detallar o percorrido, presentáronse tamén as actividades que se desenvolverán durante os vindeiros meses con motivo da etapa 20 en Mos que serán, entre outras, a V Challenge Rías Baixas (8 e 9 de maio) a Copa España de Carretera organizada polo Club Ciclista Rías Baixas (16 de maio), encontro con Discamino e ‘Pedalea con Discamino’, un mural colaborativo e un concurso de mascarilla conmemorativa para implicar ao alumnado do IES, o evento ‘Mos sobre rodas’, un Campionato de Fútbol 7, unha carreira con ex ciclistas, un día con Induráin e un concerto na Cidade Deportiva Afouteza do R.C. Celta.