Ponteareas acollerá un cribado masivo do Sergas o vindeiro luns 19 no Complexo Polideportivo Municipal Álvaro Pino
A Alcaldesa de Ponteareas en funciones, Cristina Fernández Davila, informou que nos últimos días vense detectando un aumento de novos casos diagnosticados de COVID-19 na localidade, achegándose progresivamente nos últimos catorce días a unaha incidencia acumulada de 100. Por este motivo, Ponteareas acollerá un cribado masivo do Sergas o vindeiro luns 19 no Complexo Polideportivo Municipal Álvaro Pino. Están chamados a participar 5.000 veciños e veciñas da vila do Corpues de entre 16-60 anos.
“A realización deste cribado, que xa tiñamos solicitado en ocasións anteriores nas que aumentara a incidencia acumulada, podrá detectar ás persoas asintomáticas que, sen sabelo, poidan estar contribuíndo á expansión da COVID-19 na localidade. É fundamental detectalo a tempo para frear a cadea de contaxios ”, sinalou Fdez. Dávila.
Explicou, de igual xeito, que “as persoas que a Xunta seleccione recibirán un aviso coa hora á que se deben presentar na instalación. Pregamos que toda a veciñanza acuda á cita e cumpra escrupulosamente coa hora de convocatoria, sen adiantarse nin atrasarse, xa que isto será fundamental para a organización e bo desenvolvemento da xornada ”, subliñou Davila.
Segundo a última actualización de Sanidade, Ponteareas presenta unha incidencia entre os 25 e os 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana e a 14 días, entre os 50 e 150 por 100.000. No pobo rexen, arestora, as medidas do nivel máis baixo de Sanidade polo que os locais da hostalería poden atender ao 50% da capacidade no interior e ao 75% do aforamento nas terrazas.