Os restaurantes de Galicia poderán dar ceas a partir deste sábado, logo de que o venres 16 de abril, ás 00.00 horas, entre en vigor a ampliación horaria de peche dos restaurantes e tamén do toque de recollida. Teñen ata o 23 de abril para mercar os medidores de CO2.
Presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal:
Os establecementos de hostalería que queiran pechar ás 23.00 horas deberán ter licenza de restaurante, traballar só con reserva de mesas e rexistro de clientes e contar con aparellos que midan os niveis de dióxido de carbano para garantir unha boa ventilación no interior do local e polo tanto garantir xantares e ceas seguros no interior.
O DOG publica a nova orde este xoves e da de prazo ata o 23 de abril para que os restaurantes se fagan cun destes medidores.
O Clúster do Turismo de Galicia reclama axudas ao sector para a adquisión destes aparellos.