lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaO Banco de Alimentos do Porriño recibe 11 quilos de percebes incautados...

O Banco de Alimentos do Porriño recibe 11 quilos de percebes incautados nun control de estrada

Pertencen a dous veciños da localidade, presuntos mariscadores furtivos, interceptados pola Garda Civil mentres realizaban un control na Nacional 550

Os feitos sucederon o pasado mércores no transcurso dun punto de verificación de vehículos que estaba realizando a patrulla de Seguridade Cidadán da Garda Civil do Porriño no quilómetro 159 da N-550.
Sobre ás 12.30 horas, o dispositivo do control interceptou un turismo que viña ocupado por dúas persoas e ao proceder á inspección do vehículo localizáronse no seu interior varias bolsas que contiñan 11,5 quilos de percebes recentemente capturados.
Ao non poder acreditar os seus ocupantes a procedencia do marisco, procedeuse á incautación do mesmo. Tanto o condutor como o seu acompañante, ambos veciños do Porriño, foron denunciados por vía administrativa, por unha presunta infracción á Lei de Pesca de Galicia.
A denuncia remitiuse á Consellería do Mar da Xunta de Galicia e os percebes entregáronse no Banco de Alimentos SOS Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS