Débese ao corte duns dos carrís onde un gindastre traballa na retirada dun furgón que se saíu da vía ás 04.30 desta madrugada
O accidente, no que tan só se viu implicado o vehículo, de reparto dunha coñecida marca de repostería, non se saldou con ninguha persoa ferida. A pesar que dende o 112 Galicia mobilizouse a urxencias sanitarias, o condutor e o único ocupante non precisou asistencia hospitalaria, rexistrándose unicamente danos materiais.
Foi sobre as 04.30 horas deste mércores cando un particular alertou ao 112 do acontecido. Tratouse dunha saída de vía no punto quilométrico 303 da autovía A-52 ao seu paso pola parroquia porriñesa de Cans, en dirección Vigo, co resultado dun camión envocardo.
A policía local do Porriño, que acudiu ao lugar, informou ao 112 de que un dos carrís quedaría cortado ao tráfico e os servizos de mantemento de estradas traballaban para o seu restablecemento.