Os deputados do PP,Diego Gago, Juan Constenla e Ana Pastor levan ao congreso español o rexeitamento de Arbo e As Neves a liña de alta tensión
Así, o rexeitamento de Arbo e das Neves ao trazado da liña de alta tensión chegará ao Congreso español grazas aos deputados do PP por Pontevedra, Diego Gago, Ana Pastor e Juan Constenla co fin de «pedirlle a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, unha solución porque hai alternativas e opcións», segundo apunta o popular Diego Gago, para esta problemática que se arrastra desde hai unha década.
Reuníronse co alcalde de Arbo, Horacio Gil, e decidiron presentar unha pregunta oral na comisión de Cambio Climático e Transición para trasladar a preocupación dos veciños e das veciñas destes dous concellos polos prexuizos tanto ás persoas como para o territorio que provocará a instalación dunha nova liña de alta tensión, cun trazado moi próximo ás vivendas de dúas parroquias «Nunha comarca tan importante para á provincia de Pontevedra», tal e como sinala Gago.
Ademais tamén pedirán que se amplíe o horario do paso transfronteirizo de Arbo e reclaman ao Goberno central «un maior esforzo para mellorar as comunicacións no concello» mediante o rexistro no congreso das iniciativas.
Podes escoitar o audio completo do deputado Diego Gago, aquí: