Plantadas fai unha semana en xardineiras públicas foron arrincadas
Dende o Concello de Salceda de Caselas piden colaboración cidadá para “evitar estes comportamentos incívicos e manter unha vila limpa e coidada”.
Fai tan só unha semana que se sementaron as novas plantas de tempada e o pasado domingo amenceu coa falla de árbores e algunha das plantas das xardineiras situadas no cruce das rúas Joaquín Fernández Sestelo e Compostela, ademais da zona de Correos
Restos vexetais
Por outra banda, dende o Concello lembran que os restos de poda e vexetais non se deben depositar nos contedores, que existe un servizo de recollida específico para estes residuos que os veciños poden solicitar chamando ao número 986 34 90 03