A presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo, explica en que consiste o cribado aos adolescentes na provincia
Comeza hoxe o cribado poboacional nas farmacias da provincia de Pontevedra a adolescentes entre 12 e 17 anos co fin de detectar persoas asintomáticos en COVID-19. O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra pon en marcha unha nova campaña, xunto coa consellería de Sanidade, para cribar, mediante a técnica do pooling a máis de 51.000 mozos e mozas que non cumpren ningún criterio de exclusión.
Soutelo explica en Si Radio que a metodoloxía é moi similar á do cribado anterior coa diferenza de que o consentimento informado dos menores de 12 a 15 anos ten que asinalo un dos seus pais ou o titor e, por iso, non é necesario que os nenos vaian á farmacia, senón que pode ir só a persoa que asine o consentimento levando a tarxeta sanitaria do neno ou da nena. Os mozos de 16 e 17 anos só terán que ir se deciden asinalo eles mesmos. Pedirán a implicación dos colexios e insitutos para concienciar aos rapaces para que fagan estas probas.
Para escoitar a entrevista completa preme aquí:
Nas comarcas hai farmacias adheridas en todos os municipios do Condado, da Paradanta, da Louriña, da Área Metropolitana, do Baixo Miño e do Valmiñor.