O Consello Galego de Colexios Médicos desaproba a decisión de permitir os encontros en domicilios de non conviventes e insiste na importancia de trasladarlle á poboación que as 3 vacinas aprobadas en España contra a COVID-19 son eficaces e seguras.
O Consello Galego de Colexios Médicos ve «inconvinte» que se permitan as reunións de persoas non conviventes nos domicilios xa que é en interiores onde se produce o maior número de contaxios. Desde o sábado permítense encontros de ata 4 persoas en domicilios, algo que se prohibiu en toda España durante a Semana Santa.
Nun comunicado sinala que «parece inconveniente que na relaxación das restricións, lóxica e desexable se a incidencia e a súa repercusión asistencial son favorables, inclúase como unha das primeiras medidas a reunión de non convivientes en domicilios».
Pola contra esta entidade insiste na necesidade de deixarlle claro á cidadanía que as tres vacinas contra o coronavirus autorizadas en toda Europa (Pfizer/Biontech, Moderna ou Astrazeneca) son eficaces e seguras.
Este organismo que aglutina aos médicos galegos insiste na importancia de vacinarse e nos beneficios moi superiores de facelo fronte a non facelo.
Respecto aos efectos secundarios aclara que «as tres vacinas téñenos e as que se aproben no futuro teranos».
Igualmente o Consello Galego de Colexios Médicos defende que se administre a segunda dose de Astrazeneca aos que xa recibiron unha primeira.